Blog

Enfocando

Hoxe puxen á venda unha cámara de fotos que conseguira comprar hai uns meses, despois de estala desexando durante anos. É un cacharro marabilloso, de seguro a mellor cámara dixital que tiven nunca. Está de moda ser multitarea. Pero a mín nunca me funcionou. Creo que o ser humano está programado para facer as cousas unha a unha, un problema de cada vez. Gústanme demasiadas cousas. Pero cada vez máis, noto que debo priorizar o máis importante, para poder chegar a algún sitio.

Seguir lendo

Unha arma por un Euro: o Dussack de contrachapado

O primeiro que hai que dicir deste proxecto é que o dussack que propoño construir non está pensado para realizar asaltos, isto é, non é adecuado para un combate a velocidade e forza reais. Para iso, mellor construilo dunha madeira dura, ou dalgún material sintético. Porén, o meu deseño de dussack céntrase na facilidade de construcción a baixo custe, e é ideal para practicar as formas e pasos, e para facer técnicas por parellas cunha intensidade moderada.

Seguir lendo

O Dussack: unha curiosa arma de madeira

Hai un par de artigos comentei, así de pasada, que practico artes marciais, en concreto HEMA, que veñen sendo as siglas en inglés das Artes Marciais Históricas Europeas. Para abreviar, as máis das veces chamámoslle esgrima antiga, anque isto é unha simplificación, pois as HEMA non se limitan só á esgrima. Un dos aspectos máis particulares das Artes Marciais Europeas é que as fontes de coñecemento non se transmitiron oralmente ata hoxe, senon que se truncaron, deixaron de existir durante unha época.

Seguir lendo

Non sei debuxar

Hai afirmacións acerca de nós mesmos que cremos de verdade. Por exemplo: eu estou convencido de que se me dá mal debuxar. Pinto de pena. De verdade cho digo. Polo tanto, sorpréndeme que últimamente me chegaran un par de encargos para facer láminas. Debuxar cousas de verdade, non en plan abstracto. Estou abraiado. Ha de ser un exemplo práctico diso que sempre me dí N. sobre a percepción que temos dun mesmo.

Seguir lendo

Pasiño a pasiño, pase, paseniño

Onte queimaba o sol e hoxe trona e chove na aldea. O plan que tiña de cortar unhas mimosas que molestaban no colmear foise ao tacho, así que aproveito para escribir. Botándolle un ollo ao blog doume de conta que inda quedan un montón de cousas por pulir. Nótase como a medias. Por non ter, non ten nin un sistema que permita os comentarios, anque iso agora mesmo me importa pouco, pois de momento non o lé ninguén.

Seguir lendo

Necesidade, erro e oportunidade. Apuntes sobre escribir un blog

Quizais esta sexa a cuarta ou quinta ocasión en que me plantexo escribir un blog, deixar que os meus pensamentos se perdan, ou se atopen, na vasta Internet. É un contrasentido curioso, o de facer pública unha idea, e ao mesmo tempo, escondela no océano de palabras que é a rede. Sen ningún tipo de publicidade, será unha completa casualidade que alguén máis ca mín, ou as persoas máis próximas, lean algunha vez estes textos.

Seguir lendo

Por que estou aprendendo a coser nunha máquina de máis de cen anos

Esta semana pasada aprendín unha cousa nova. Disque unha persoa mantén un espírito xuvenil mentres continúe a ter curiosidade e a aprender. Anque tamén están os que dín que demasiada aprendizaxe pode ser mala, se se utiliza como escusa para non pasar a acción, para quedarse na eterna fase de preparación, de acumulación de coñecemento. Acumulación orixinal… Eu son deses, dos que expanden o coñecemento en horizontal dunha maneira desmesurada, e xa sabemos o dito: “o que moito abarca…” Pero para iso está este diario de viaxe, para velo dende un punto de vista externo, pode que así sexa máis doado pararme os pés a mín mesmo.

Seguir lendo

Xirasois e papel hixiénico

Esta semana foi de pouca actividade na nosa pequena horta urbana. Básicamente eliminar pulgóns a man (están sobre todo nas tomateiras), e recoller leitugas e máis leitugas para a ensalada. Esta mañá fun pola tenda de suministros agrícolas do barrio, e o rapaz que atende contoume que ten unha especie de tomateira especial para espazos reducidos, que non medra moito e nin sequera precisa poñerlle un pao para tutorizala. Quédome co apunte para o ano que vén, que este temos máis tomates xerminados que espacio onde plantalos.

Seguir lendo

Historia dunha horta

Érgome pola mañá, abro a fiestra e dirixo os guisantes para que enganchen ben polos fíos do seu tipi de bambú. Pasmo un pouco para os tomates e as leitugas, mido mentalmente os milímetros que medraron as xudías dende onte. Despois vou almorzar. Temos unha pequena horta victoriana na terraza do estudio. Algunhas das prantas medran en macetas, pero a maioría están sementadas en contedores de poliespán, brancos, conseguidos de balde na sección de froita e verdura do súper.

Seguir lendo

Aprendo cousas novas. O saúdo ao sol en Ioga

Hoxe aprendín a facer a miña primeira postura de ioga. Seica se lles chaman “asanas”, non estou seguro do seu significado exacto. Hai dous días, N. quedou a durmir na miña casa, e falamos de ir ás termas de Outariz pola mañá. Entre os moitos asuntos que parolamos, un compromiso: quedamos en facer un intercambio de coñecementos. Eu vou ensinar a revelar fotos e ela algo de ioga. Pola mañá deixamos o coche no aparcadoiro e cruzamos a ponte que leva ás termas.

Seguir lendo